Tarta de leite callado de queixo caramelo


  "Tarta de leite callado de queixo caramelo"

Ingredientes:
- 500 ml. de nata líquida
- 250 ml. de leite enteiro
- 100 g de azucre
- Dúas terrinas de queixo cremoso
- Dous sobres de leite callado
- Caramelo líquido
         
Preparación do caramelo:

*Nunha tixola vótanse 100 g de azucre e poñémolo ao lume lento. Cando cheire a chamuscado engade un pouco de auga para que quede un pouco máis líquido.


PREPARACIÓN:

1- Poñemos a quentar ao lume lento nunha tarteira a nata líquida e o queixo, removendo de vez en cando para que non se pegue e o queixo se vaia desfacendo pouco a pouco.
2- Temperamos o leite e votamos nela os sobres de leite callado procurando que non queden grumos, se é necesario dámoslle un toque de batedora. 
Unha vez o teñamos ben mesturado, engadímolo a tarteira na que temos a nata e o leite, subimos un pouco o lume e seguimos removendo ata que comece a ferver no momento no que retiraremos a mestura do fogo e engadiremos o azucre. Batemos todo moi ben coa batedora.
3- Por último, vertemos a mestura anterior nun molde no que previamente tiñamos untado co caramelo líquido que preparamos.
4- Metémolo no frigorífico e listo para comer despois dunha hora aproximadamente.
Desmoldar con coidado nunha fonte grande.
Feito por Claudia e Noa