Biscoito de chocolate


               Biscoito de chocolate

- Ingredientes:
- 6 ovos
- Medio litro de nata
- Dous vasos de azucre
- Seis vasos de fariña
- 1 tableta de chocolate
- Un sobre e medio de lévedo
- Aceite suave 

Utensilios:
- Molde
- Papel vexetal
- Batedora
- Lingua de cociña
- Un bol

- Proceso:
1- Botar os seis vasos de fariña nunha bolsa plástica e enriba engadir o lévedo, despois, sacudir para que se mesture.
2- Introducimos o chocolate con un pouco de nata no microondas ata que se funda.
3- Nun bol, introducimos os dous vasos de azucre, os seis ovos, un chorro de aceite, a fariña mesturada co lévedo, e por último, o chocolate fundido, e ca batedora mesturamos todo ben.
4- Cando estea ben mesturado, coa axuda da lingua de cociña, engadimos a mestura ao molde co papel vexetal.
5- Metémolo no forno a 180 grados entre tres cuartos de hora e unha hora.
6- E despois, QUE APROVEITE!!
Feito por Noa e Lucía
*Máis receitas na páxina “ Recetas de B Pernas”