Clase de cociña no Chano Piñeiro
Clase de cociña no Chano Piñeiro
O 14 de febreiro, no cole Chano Piñeiro, os alumnos de 5ºA e 5ºB baixaron ao comedor a facer unhas tartas.
Unhas reporteiras enviadas especialmente para redactar iso, contáronnos moitas cousas…
Isto foi o que dixeron:
-Cando chegamos estaban a comezar a tarta, e tiveron un problema, non tiñan tarteira, despois de buscar encontraron unha nun moble da cociña.
Logo de solucionar o accidente botaron a nata mesturándoa co leite e co queixo. Cando estaba mesturado puxérona ao lume, que, por certo, as profes non sabían como funcionaba. A continuación, baleiraron 3 sobres de leite callado sobre a mestura.
Os alumnos de 5º, ían por quendas a ver como quedaba a masa.
Todos querían lavarse, pero non sabían como funcionaba o billa; sen embargo, unha das reporteiras descubriu que ao apretar un pedal (panca) saía auga.
O caramelo estaba un pouco chamuscado.
Cunha batedora bateron o queixo e a nata.
O azucre caramelizado botárono na base do molde, e por riba a mestura da nata.
Meteron o molde durante 3 cuartos de hora no conxelador ata que se solidificou.
.......................