O mércores, fixemos un debate despois dunha simulación de emerxencia, sobre se nas emerxencias hai que saír atropelándonos ou ordenadamente e rapidiño.
Ben, dese tema saíron diversas ramificacións que non diremos neste texto.
Abriuse o debate con:
-Eu creo que deberíamos saír ordenados porque podemos formar tapón-
-Pois eu digo que deberíamos facer o que el di-
-Eu digo que nunha situación de perigo aínda que saísemos sen orde todos, co medo, non protestariamos-
-Pois respóndote dicindo que é ao revés: resulta que se temos medo, poderían saír diversas ramificacións de pánico creando así un efecto de, Abran paso:- eu saio primeiro!-