Texto cronolóxico

Redacta un texto onde relates a túa vida seguindo un orden cronolóxico dos acontecementos máis relevantes.
Ollo! Non debe ser unha enumeración de acontecementos. Debe resultar persoal, interesante. As datas coma as de nacemento, andar, falar...aínda que se poden por, non resultan de maior interese a menos que se saíran do normal.
Acompáñao do gráfico-dunha liña de tempo. 
A miña vida en 10 minutos


Ola, eu son Lucía, e vouvos a contar a miña vida:

Este, foi un día moi especial, foi o primeiro día onde vin a luz do Sol brilar, o día 15 de Xaneiro de 2003.
Como todos os bebés, o nacer, parecíame a tres cousas. A primeira, e a máis evidente, a un bebé. A segunda, a un tomate, debido a miña cor vermella. E por último a unha señora maior, xa que cando nacín tiña engurras por todas partes!

Despois duns días, por fin conseguín dicir unhas das miles e miles de palabras que me dicían os meus país: foron “mamama” e “papapa” E aínda que non o pareza costoume 7 meses en botalas fora. E xusto neste mesmo mes, naceume o meu primeiro dente!

Dous meses despois, sen darme conta, comecei a camiñar coas dúas patas traseiras, (que eran para min cando gateaba) o que causou unha gran ledicia nos meus pais, que eu, de aquela, non entendía.

En Marzo do 2004 ocorreu algo que nunca esquecería.
8 meses antes, a miña nai, fóralle crecendo a tripa cada vez máis, e eu sen sabelo, tería unha irmá!
A verdade e que agora me pregunto que faría sen ela…

En 2005, nunca esquecerei o momento onde me quitaron os cueiros para sempre. E tampouco esquecerei cando mos quitaban e sempre había ou un zurullo, ou un charco amarelo neles.
Pasaron os meses, e me quitaron o chupete.

Xa cando tiña 3 anos e algo máis, fun a escola, infantil. Ao principio tiña un pouco de medo e pasei os dous primeiros días pegada a mestra como un piollo, pero despois funme acostumando pouco a pouco.

Un pouco máis tarde a miña nai e o meu pai se separaron, así que a miña nai comprou un piso. Estaba tan baleiro que o fixo estaba no chan en vez de apoiado nun moble.
Cando tiña cinco anos fixen a primeira ruta de senderismo que tiña 13 quilómetros, pola Costa da Morte.

En 2009 entro en primaria, e coñezo novos amigos e a miña mestra Pili que a tiven en
1º e en 2º.

1 ano máis tarde, unha compañeira do meu colexio, Noa, se fixo moi amiga miña e casi que nos víamos todos os días.

Nas vacacións do 2011, visitei Cantabria, onde aproveitei para ver o parque natural de Cabarceno e coñecer máis animais dos que xa sabía. O máis divertido foi que unha xirafa casi lle come o gorro a miña irmá.
E como no resto do 2011 e no principio do 2012 non pasou nada, paso directamente as vacacións do 2012.

Visitei Lisboa, onde aprendín moita cultura e paseino moi ben.

Pasamos de novo as seguintes vacacións, onde fun a Madrid, unha cidade moi bonita.
O que máis me gustou de esa viaxe foi que vin o Guernica, para quen non o saiba, o meu cadro favorito.

Un pouco máis tarde, tamén no 2012, se formaron as Wikirosalias, un grupo musical ao que pertenzo, onde rapeamos poemas, sobre todo de Rosalía, de aí ven o nome.

No verán de 2013 fun de campamento, e se alí non tes facilidade para facer amigos, abúrreste moito.

Pero o mellor de todo isto, ocorreu no 2015. A miña mestra Bea, cun pouco de maxia, conseguiu que parase de morderme as uñas, algo que os meus pais intentan conseguir dende que nacín! Lucía

A miña vidaO 22 de Abril de 2003, tiven ganas de ver a miña nai e saín a descubrir mundo. 7 meses despois quixen que a miña nai me fixera caso sen chorar, e dixen a miña primeira palabra: Mama.
Cando tiña nove meses, quixen ir soa sen que me collesen no colo e comecei a gatear. Saia pola porta, tal veloz coma un raio  e sentábame no xardín.
Cando tiña un ano decidín descubrir mundo doutra maneira, púxenme de pe e camiñei ata a mesa, miña nai di que me encantaban as alturas. Xa canto tiña dous anos tiña toda a casa e o xardín recorridos mais dunha vez.
Cando tiña dous anos fun ao colexio co meu irmá algunha vez, nas festas. Pero era moito mais diferente, cando fun soa. Había un montón de nenos correndo. Pero, como era pequena fixen amigos moi rápido,preguntando se se querían ser os meus amigos.
Cando tiña 6 anos, comecei primaria. Cambios de novo. De repente comecei a encher a miña mochila, antes valeira, pero tirei para diante e aquí estou.
En 2013, con un pouco de vontade, conseguín deixar a miña manía de morderme a uñas. Toda a miña  familia púxose moi contenta.
Un ano despois, en 2014 coñecín unha fantástica profesora, que fixo que melloraran as miñas notas. Claudia

A miña vida


Un día xa farta de esperar dentro da barriga da miña nai, decidín saír e ver o que pasaba fora de alí. Uns dias máis tarde cheguei a casa, coñecín a miña familia, sentíame coma se fora unha estrela, todo o mundo quería coñecerme!

Ó celebrar o meu aniversario, xa sabía andar e falar, parecía un loro manco, porque non paraba de repetir todo e andaba cara un lado e cara outro.

Un díia moi relevante, foi cando vin a miña nai aparecer pola porta sen a súa enorme barriga de hipopótamo e cunha cesta na man, eu entusiasmada por saber que era iso, perseguín a miña nai ata que deixara apoiada esa cesta, entón cando fun a ver, era a miña irmá, eu a chamaba “manita” (procedente de “hermanita” - en castelán).

Despois dun ano, despedinme dos meus pais e fun cos meus avós. Eu non sabía moi ben a onde ía, a pesar de que a miña nai me dixera que o pasaría xenial viaxando en avión. Xa no avión, non botaba de menos os meus pais nin a miña irmá, porque estaba moi entusiasmada vendo pola venta o pico do Teide rodeado por nubes, foi unha visión espléndida, tanto que aínda me lembro.

Con 3 anos estiven brillante, cando botei todo un bote de purpurina na miña cara. En este mesmo ano, estaba moi asustada, porque miña irmá collía o noso gato polo rabo e o deixaba enriba dun tonel.
O seguinte ano vin un montón de animais en Cabárceno: gustáronme todos menos un, que se comeu o meu gorro (era unha xirafa enorme). Un ano máis tarde fixen o meu primeriro aniversario cos meus amigos: paseino xenial, posto que nunca mirara a tantos nenos xuntos na miña casa. Uns meses máis tarde naceulle a miña ovella un añoterneiro, que a miña irmá e eu xogábamos a perseguilo, era moi divertido porque súa pel parecía un abrigo de inverno.

Este ano o 2009  o coche foi o transporte que máis collín, posto que fun xunto a miña tía que vivía en Valencia, foi un recorrido moi longo, pero valeu a pena posto que visitamos moitas cousas e entre elas a que máis me gustou foi o parque de GulliverLAURA