Conflito entre adolescentes e titores legais

 Conflito entre adolescentes e titores legais (familiar, mestre/a, coidador/a...)

1º-Relata a o acontecido no suposto "Pepe-Andrea"
2º-Valora a actuación de cada un (titor-adolescente).
3º-Indica formas de actuar para que esa situación non se repita. Cambios que pode facer o titor e cambios que pode facer a adolescente.

Conflito entre adolescentes e titores legais (familiar, mestre/a, coidador/a...)

1º-Relata a o acontecido no suposto "Pepe-Andrea"
2º-Valora a actuación de cada un (titor-adolescente).
3º-Indica formas de actuar para que esa situación non se repita. Cambios que pode facer o titor e cambios que pode facer a adolescente.

Escea:
Unha nena quere ir xogar cas súas amigas. O seu pai dille que ten que quedar a estudar para o exame que vai ter, pero a nena segue insistindo en que vai saír a xogar cas súas amigas.
O pai comeza a gritar, a utilizar a forza física e a mandala coller o libro. Sen embargo, a nena dille que non lle gusta estudar e marcha directa pola porta ignorando ao seu pai.

Valoración:

  • Pai: o pai perdeu o control sobre a súa filla. Entón, intenta utilizar a forza física e comeza a gritar. Esta perda de control soe vir dunha falta de comunicación e perda da autoridade ao longo do tempo.
Como me sentiría:
Se eu fose o pai e a miña filla me fixese algo polo estilo me sentiríame bastante mal, xa que me sentiría algo culpable e triste de pensar que non lle ensinei ben á miña filla.
  • Filla: debería facerlle máis caso ao seu pai, xa que el é o seu titor. Ademais, debe ter en conta que necesita estudar para o exame, que é algo moi importante e que ten moito tempo para ir xogar coas amigas. Tamén debe pensar que os pais sempre queren o mellor para os fillos e fano o mellor posible.
Como me sentiría:
Se eu fose a nena e me comportase desa maneira, non sei como me sentiría. Iso de desobedecer aos nosos pais non está ben.
Cambios:
    O pai debe falar sempre e explicar as súas decisións á súa filla sen esquecer que é a súa responsabilidade educala correctamente.
A filla debe obedecer ó seu pai, que é o seu titor, ata a maioría de idade.
Exemplo:
Unha nena chega a cociña da súa casa e dille ao seu pai que quere saír xogar cas amigas. O pai explícalle que o exame de mañá é moi importante para o seu futuro e que por iso ten que quedar a estudar.
A nena, decepcionada, volve a insistir dicíndolle que xa estudaría despois. Entón o pai dille:
  • “Traballo feito non corre presa”. Primeiro estuda e cando teñas o exame preparado podes saír a xogar cas amigas.

A nena queda pensando un momento pero acaba collendo o libro e marchando a estudar. Máis aquí