Historia - Autismo:

Ola, chámome Xoana e teño problemas de autismo, agora enseareivos a miña historia:
Cando era pequena ninguén me comprendía, eu, encerrábame no que máis me gustaba, ler. Aprendín a facerme aos insultos e as burlas, eu teño espectro de autismo, empecei a a facerme cada vez máis ausente ao mundo que me rodeaba, non me daba de conta do que pasaba ao meu redor, dábaseme moi ben o desenvolvemento da linguaxe corporal e física, so falaba coa miña mellor amiga que chamábase Katterine ou Katte era a miña mellor amiga na miña soidade, a única que vindo coma me desprezaban os demais, atreveuse a decidir por ela mesma que eu merecía a súa simpatía, pero, iso, un día cambiou…
12/07/2009.

Hoxe, cambiaron as cousas: Salvei a un neno de afogarse gracias a miña enfermidade de autismo.

 Facía moita calor e un neno avisounos a todos que a piscina do colexio abría en un minuto, un neno, saltou a versa e tirouse a piscina. A piscina non estaba aberta porque non a limparan e ían chamar algún estudante para que a limpara. O estudante, que, por certo, chamábase Xan, deulle tanto asco que desmaiouse, todo o mundo ría porque pensaban que Xan estábase a facer o morto pero, cando empezou a afundir eu comprendín que Xan non facía o morto, gritei pero ignoráronme e seguiron xaleando, eu seguida por un impulso agatuñei pola verxa e tireime a piscina, collín a Xan e nadei para a beira, pero Xan pesaba moito e afundíame con el, ao fin.
  Unha voz dunha profesora cortou o vento e eu con toda miña forza nadei ata a beira e saquei a Xan da piscina, custoume caro, din co bordiño e empecei a sangrar, mareeime pero conseguín saír, e alí quedei, o ultimo que recordo foi unha profesora gritando e o son afastado dunha ambulancia...