THE CHAMPION
Hoxe vimos unha película de Charlie Chaplin na biblioteca.
Ao principio, Charlot era moi pobre e o seu único compañeiro era un can. A pouca comida que tiña compartíaa con el. Cando foi a buscar traballo atopou un club de boxeo. Celebrou unha pelexa e derrotou ao contrincante, xa que tiña unha ferradura na luva, e adestrou para ser o campión de boxeo. Cando chegou á final do campionato loitou contra o actual campión e gañou grazas ao seu can, que lle mordeu no cu.
Ao final, tamén conseguiu unha noiva.
Gustoume moito porque é divertido e ademais fai rir ata fartar.