Charlot, no Chano Piñeiro
O once de febreiro, no cole Chano Piñeiro as clases de 4º, 5º e 6º viron a peli de Charlot, titulada The Champions.
Un pequeno resumo da película é este:
Un pobre señor, que tiña que comer pan con zapatilla, e aínda así o compartía co seu compañeiro, un can.
Para gañar un pouco de diñeiro apúntase a un club de boxeo, e, sen darse conta vence ao máis forte, e convértese no campión da tempada.
Ao ser tan forte, o director do club pon un anuncio no periódico, e outro desafíalle
Cando ocorre o combate o outro vai gañando. Pero ao final o seu amigo inseparable comeza a morderlle o traseiro sen parar.
Todos os nenos riron moito, e por suposto a todos gustoulle moito.
Todos dixeron que as pelis de Charlot son moi boas, e que inda de ser cine mudo o actor interpretábao tan ben que parecía que os debuxos falaban.