RESUMO-Matilda

RESUMO


Erase unha vez, unha nena que non era aceptada na súa familia, chamada Matilda. Á súa familia, gustáballe a tele; eran uns ignorantes, e ela era todo o contrario, gustábanlle os libros e era moi lista!
O pai, era un estafador e non lle paraba de gritar, por iso, un día na escola deuse conta de que tiña unha especie de poderes. A escola era malísima, a directora maltrataba fisicamente aos nenos, pero o bo era que a clase de Matilda era a mellor do colexio.
A profesora era doce, amable e amigable.
Unha vez, foi á casa da súa profesora e contoulle unha historia moi triste, na que dicía que a directora era a súa tía. Cando volvían da casa da profe, pasaron pola casa da súa directora.
Entraron a buscar unha boneca pero non contaron que a directora volvía xa...
Empezou a buscar as, porque era supersticiosa e ouviunas, foi dando golpes e golpes ao tun, tun, e conseguiron saír correndo, e Matilde prometeulle á profesora que volvería a alí.
Ao día seguinte, xa sabía manexar os seus poderes, e ensinoullos á profe. Había ir á casa da directora, e tamén collera a boneca e dúas bombóns, por iso creuna.
Ese mesmo día, a directora empezou a maltratar á clase de Matilda, pero ela cos seus poderes impediuno, e todos lle empezaron a tirar os seus xantares, non a volveron a ver por alí.
Uns días despois, os pais de Matilda quixéronse ir, pero Matilda quedou coa profesora, e por fin conseguiu ter unha familia que a quería.