Gondomar 11 - 12 - 2013
Ola!
Vouche falar das cousas boas que tes.
Es a miña mellor amiga, e sempre estas ao meu lado para axudarme.
Síntome ben cando te vexo, ademais de vernos acotío. Gústame xogar contigo, resulta moi divertido e moitas veces escachamos de risa. Ti e eu sempre nos estamos a gastar bromas.
Tamén me gusta a túa actitude na clase, sempre me prestas o material cando o necesito e as veces axúdasme nas cousas que non entendo. Cando estamos no campo, ti, eu e a miña irmá, sempre lle botamos unha partida de fútbol a Jorge, a Pablo e a Anxo, que sempre nos marcan goles, pero nós rimos, rimos e rimos.
Cando estou contigo nunca me aburro porque sempre andamos facendo algo divertido, como xogar na pista, as obras de teatro que montamos...
Es unha moi boa amiga.
Unha aperta.