Un día de cans-Noa


Érase unha vez unha cadela branca chamada Lúa que vivía nunha casa enorme.
Era a noite de Samaín e facía un día horroroso, chovía e facía moito frío.
Aínda así, como todas as noites, os cans saían a dar un paseo polo parque. Nun momento, dúas nenas que estaban paseando colleron a Lúa e levárona para a súa casa. A pobre Lúa estaba moi asustada, non sabía adonde ían, nin quen eran esas nenas.
-A verdade…, son un pouco raras-pensaba Lúa.
Ían directas a unha casa que daba moito medo.
A casa estaba chea de cabazas, velas e outros adornos típicos do Samaín.
Tan decorada e con tantas cousas parece a casa dunha bruxa, pensou Lúa.
Cando entraron dentro, a Lúa todo aquilo pareceulle algo familiar.
Era a súa casa!, E as nenas, unha era a súa dona e outra a amiga, solo que estaban disfrazadas.