O señor “rouba nenos”



Era unha vez, unha nena chamada Sara que marchara fai tempo a vivir a unha casa bastante grande. 
Un día, decidiu ir a visitar a casa dunha amiga chamada Lucía, que vivía mais atrás do bosque. 
Cando chegou, saudáronse e empezaron a xogar a moitas cousas: ao xadrez, as cartas…
Chegou a noite, Sara, díxolle que marchaba e despedíronse.

Camiñando polo bosque atopouse cun lobo. Sara asustouse moitísimo e empezou a berrar como unha tola. A xente escoitouna e empezou a correr a xunto dela, porque nese bosque había un señor que roubaba nenos.
 Cando unha nai chegou e mirou ao lobo, díxolle a todo o mundo que volveran as súas casas que solo era Lóbez, (que era o lobo único dese bosque e que ademais era moi bo), so ía para pedirlle comida. 
De camiño a casa un pouco avergonzada, atopouse con un señor que lle preguntou a onde ía e díxolle que ía a súa casa porque fora xogar cunha amiga. Entón, el preguntoulle si quería ir no seu coche e contestoulle que si. 
Nun momento, Sara díxolle que por aí non era a súa casa e el contestoulle que non ían a súa casa, ían a casa do señor. Ela decatouse de que era o señor que roubaba nenos e empezou a gritar. 
O señor aburrido de como gritaba intentou poñerlle unha venda pero ela movíase tanto que era imposible. Cando chegaron a casa do señor, meteuna nunha sala onde estaban todos os nenos que foran secuestrados.
 Sara non podía estar alí, ela era unha nena boa, amable cos demais, simpática…
Despois dun rato, deuse conta de que levara o teléfono a casa de Lucía e que o tiña no bolso, entón colleuno e empeceu a chamar a moitísima xente para que se reuniran alí e rescataran a todos os nenos.
De alí a un tempo, tocaron o timbre e o señor non abría a porta, así que todos os nenos xuntos saíron de aquela habitación a abrirlle a porta aos adultos.
 Entraron, e con eles, dous axentes da policía que colleron ao señor e marcharon a levalo a cárcere.