O cruceiro

Escaleira-barco

Era unha vez, unha nena chamada Lucía que vivía nunha casa bastante pequena.
Era pobre, pero cada ano no seu cumpre dábanlle algo de diñeiro.
Cos aforros que tiña, decidiu ir ela e os seus pais a un cruceiro.
Cando estaban a punto de entrar, esquecéranse o diñeiro na casa! Marcharon todos apurados porque non querían perder esa oportunidade.
Cando volveron, estaban entrando os últimos no barco, e cando lle preguntaron polas entradas… Non as colleran!
A nai de Lucía pediulle se esperaba un momento mentres ía compralas e o señor díxolle que vale.
Ían os tres a polas entradas , e past! Acabaran de pechar! Suplicáronlle moitas veces para que lle venderan tres entradas ata que os convenceron.
Tiveron que correr outra vez para entrar,
-Por pouco non entramos! Gritou Lucía.
Cando estaban dentro, déronlle a súa habitación e a durmir.
Despois dun rato despertaron e déronse conta de que…
Miraron pola ventá e alí apareceu un señor cunha escaleira a punto de caer e pedindo axuda.
A nai de Lucía axudouno, e desde esa son moi amigos.