Había unha vez unha nena que levaba posta unha carapuchiña.
Un día que paseaba pola rúa, un veciño regaba unhas flores e, sen querer, mollouna.
O home deixou a mangueira con que regaba no chan para axudar á nena.
A nena deuse conta de que a carapuchiña desaparecera.
A mangueira, coa forza da auga, xirou no chan e volveu a mollala.
De súpeto, a carapuchiña apareceu.
Entón deuse conta de que a auga daquela mangueira facía desaparecer e volver a aparecer a súa carapuchiña, e decidiu marchar antes de que volvera a ocorrer.
