A tartaruga que cría no Nadal


Érase unha vez unha tartaruga que lle gustaba saír a superficie, para ver o que facían os humanos.
O venres 25 de Decembro encontrouse a unha familia que estaba na praia, con unha tenda e un abeto  pequeno e adornado. Pero no que se fixou mais era na nena que non paraba de dicir ( Xa é Nadal, xa  é Nadal…) e de dar voltas ao redor dunhas campás debuxadas na area.
A tartaruga non sabía o que a nena quería dicir, polo tanto foi axunto a súa nai e o seu pai. Cando chegou a súa pequena casa, preguntoulles:
- Que é o Nadal?
- É un tipo de festa que organizan os humanos para festexar que o neno Xesús naceu.-Respondéronlle os pais.
- É que fan nesa festa?- Preguntou a tartaruga.
- Pois Papa Noel e os Reis Magos lle traen xoguetes aos nenos e nenas,se xunta  a familia, algunhas veces botan fogos que caen na auga.-Dixo a nai.
-Pero entón Xesús nace e volve a nacer.-dixo a tartaruga.
-Mais ou menos é así. Pero agora vamos a durmir.-respondeulle a nai.
-Boas noites.-Dixo a tartaruga un pouco triste por non celebrar o Nadal.
Ao día seguinte, a tartaruga encontrouse un abeto con xoguetes.
-Feliz Nadal.-dixo a nai e o pai a coro.
-Moitas grazas.-dixo a tartaruga sorprendida.

Colorín colorado este conto está rematado.