A derradeira historia de Carapuchiña Vermella.
Recordades a unha nena chamada Carapuchiña Vermella? porque esta e a segunda parte da sua derradeira historia:
Ela era unha nena feliz, pero, a súa felicidade so víase entristecida pola enfermidade da súa avoa a que xa visitara con algúns problemas co lobo, así que cando a súa nai díxolle que fose a darlle a súa avoíña un tarro de mel e unhas variadas mediciñas púxose moi contenta ao saber que volvería a pasar a proba do lobo.
Ia Carapuchiña Vermella polo bosque cando viu que o lobo a seguía, por fora Carapuchiña Vermella tiña medo, pero por dentro ardía de desexos de deixar coa palabra no fociño a aquel lobo mentiran:
-Hola Carapuchiña, como é que vas outra vez polo bosque?-
-Porque me da a gana-
-Ui Carapuchiña que maleducada-
-Umpf, déixame en paz-
Carapuchiña xogaba co lobo coma se fose un canciño:
-Vouna comer se sigue así de impertinente-Pensou o lobo:
-E, a onde vas?
-E a ti que che importa lobo mentiran, que so eres un mentiran, que pensas? que teño cinco anos e que podes volver a enganarme!-Estralou Carapuchiña.
O lobo meteu o rabo entre as pernas e saliu de alí murmurando que se vingaría.
Carapuchiña seguiu o seu camiño, medio alucinada por haber tido tal coraxe.
Cando chegou a casa da sua avoiña, polo camiño sinalado sen deixarse influír polo lobo mentiran, tivo un arranque de felicidade e púxose a brincar de alegría.
Entrou na casa coma unha tromba, saudou a sua avoiña e púxose a escribir este conto en terceira persoa que de xeración en xeración chegou ata min
FIN!