Artista nacido en Málaga o 25 de Outubro de 1881 coñecido no mundo enteiro.
A súa cara tiña forma redondeada, era calvo, con pelo branco polos lados e detrás das orellas; tamén tiña un nariz alargado e ancho, e uns ollos negros cunha mirada profunda e directa; case nunca sorría. Adoitaba levar posta unha camiseta frouxa cun estampado de raias horizontais azuis e brancas. Era bastante baixo, medía 1,63 e era máis ben delgado.
Non tiña moi bo carácter, sobre todo porque se enfadaba con moita facilidade, ademais era moi impulsivo; tamén lle gustaba mandar. Tampouco tratou moi ben as mulleres que tivo o longo da súa vida. Era apaixonado e curioso e quería a pintura máis ca nada.
Gozou de máis fama na vida que calquera outro artista. Xa era famoso cando era apenas un adolescente. Agora ten arredor de 15000 cadros e esculturas repartidos por todos os museos do mundo, e grazas a él, a pintura contemporánea deu un gran paso na historia do arte.
Este artista tan famoso, morreu en Francia o día 8 de Abril de 1973 con 91 anos.LUCÍA