Os petroglifos de Baíña
Datos relevantes:
- Situación xeográfica: Encóntranse en Baíña, nun lugar chamado “Os Campos”, ou “Outeiro dos Lameiros”, nun sitio chan enfronte da baía de Baiona.
- Época: Neolítico.
- Figuras: Animais, coviñas, formas circulares y siluetas raras.
Os petroglifos de Baíña se encontran neste sitio, concretamente “Nos Campos”, é un sitio chá, no medio dun monte, chégase por un camiño de terra, este camiño desemboca nun descampado, rodeado de eucaliptos, é un sitio moi grande, hai moitas pedras, cada unha ten unha serie de gravados, sobre todo abundan os cabalos.
Algo que e moi relevante e que son os únicos petroglifos de Europa que están pintados en paredes verticais.
Son da época do Neolítico, e representan animais, coviñas e outras formas.
Están tallados na pedra, coma todos, están distribuídos por un espazo moi grande, cada petroglifo ten un cartel que explica o que representa.
Este lugar me transmite tranquilidade, pero sobre todo faime sentir unha persoa moi afortunada, por poder observar e tocar uns gravados que se talaron hai moitos miles de anos, e telos diante de nós.