F from B Pernas on Vimeo.
O PELADILLO
Hoxe na clase, estivemos facendo todos xuntos unha proba de matemáticas no encerado e íamos saíndo de un en un.
Entón, ao acabar de pasar todos, propuxeron que Diego e eu fixésemos a proba individualmente.
Coa condición :
-Se algún de nós fallaba, tiña que comer un cuarto de peladillo.
Os dous fallamos e tivemos que comer o peladillo. Pero a cousa non acababa aí, non. Tiñamos que comelo mentres Beatriz nos gravaba. Ademais, había que facelo cun amplo sorriso. José L.
Animándonos a comela, gústanos tanto a froita como as matemáticas.
O peladillo
Hoxe, na clase mentres facíamos unha proba de Matemáticas, eu e máis José Luis nos retamos a un duelo de un contra un. Iso si se fallabamos unha, tiñamos que comer un cuarto de peladillo.
Como fallamos os dous comémoslle medio peladillo a Noa.
Tivémolos que comer de forma adecuada como di o noso amigo e compañeiro de clase Manuel no vídeo anterior.
Eu animeime primeiro a comer a froita (estaba boa, como non, froita Noa-Calidade), pouco despois José Luis, máis coñecido como Pepe, animouse, vendo como a estaba comendo eu. Antes de empezar a comer eu pensaba que iba a ter que ir ao baño, pero como acabo de dicir estaba boa, moi boa. Cando cheguei a miña casa e lle dixen a miña nai que comera un anaco de peladillo, ela quedou flipando, porque esa froita non me gustaba.DIEGO