O record da miña irmá pequena
Un día, a hora de comer, na casa, estábamos falando dos records mais raros e do Libro Giness,
De repente, a miña irmá maior dixo:
-Vou bater o meu propio record, o de estar mais tempo sen falar, vou aguantar un día enteiro, vou comezar cando rematemos de comer.
- A miña irmá pequena dixo: -Eu tamén, e vou comezar agora, unha, dúas e tres.-
Seguimos comendo, e a miña irmá seguía calada, pero aos trinta segundos comeza a tararear unha canción:
-La, la, la, pom, pom, pom…
- Todos nos botamos a rir, e dixemos:
-O record de Ánxela, trinta segundos!-