Unha noite de lúa chea

                          Unha noite de lúa chea
Personaxes:
Avoa:
Un pouco miope e xorda
Noa:
Pesada e impertinente

Acto 1º:
(No escenario aparece unha estancia pequena onde hai unha butaca, unha mesa, e enriba unha cunca de café) ( A avoa entra cansa con cara durmida e senta na butaca)
Acto 2º:
Avoa: Ufff! Que día tan esgotador voume sentar un pouco para descansar.
(Despois de dúas horas entra na estancia Noa, a neta da avoa)
Noa: Ola! Avoiña! Son eu, Noiña! A túa neta!
( A avoa, como era un pouco xorda non se levantou)
Noa: Ola? Avoíña? Estás escoitándome? Avoiña!!
(A avoa seguía durmida)
Noa: Avooaaa!!!
(Dun chimpo, a avoa levantouse)
Avoa: Ah! Non me comas dragón! Eh? Onde estou, isto non e o palacio da raíña!
Noa: Ola avoa, son eu, Noa.
Avoa: Ola Noa, que tal estás? Como conseguiches entrar aquí?
Noa: (Con ironía) Mmm… Tranquila avoa claro está que non pasei pola trapela do teu gato, jejeje…
Noa: Mira que noite tan bonita, lúa chea.
Ten coidado Noa no vaia ser que te convertas nun lobo (Ríndose)
Narrador: Cando Noa saíu da ventá a avoa mirou cara atrás e viu a Noa, convertérase nun home lobo!
(A avoa, como vos dixen antes, estaba un pouco miope e confundiuna co seu gato, Tito)
Avoa: Pero Tito cheiras a raios fritos, veña cara a ducha. Buf, que peste. (Tapándose o nariz)
Narrador: Cando Noa estaba na ducha volveu ao seu estado normal, a avoa viuna e preguntoulle:
Avoa: Pero, por que te estou lavando, Noa?
Noa: Non sei, pero collíchesme polos brazos e arrastráchesme ata a ducha. Achús!
Avoa:  Anda pero que catarro tes, que che parece se tomamos un bo chocolate con leite.
Noa: Paréceme unha idea xenial.
Acto 3º:
Narrador: Ao final Noa volveu ao seu estado normal e todo foi ben.