personaxes:
Ádela: nena moi distraida, sempre quere conseguir unha proposta pero cando se da conta tivo moitas oportunidades.
Roi: neno que cando quere conseguir algo loita para elo. Ten moi pouca paciencia. O soño de Roi é ver un arco da vella por 1º vez.
Acto1º:
(No escenario aparece Ádela frente unha estrada, por onde pasan moitos coches, sentada na veira rematando de comer un xeado) (Entra Roi)
Acto2º:
Ádela: ¡Ola, Roi! Queres xogar a algo?
Roi: ¡Ola, Ádela! A que podemos xogar?
Ádela: Um… non sei.
(A Roi ocórreselle unha idea)
Roi: Xa sei, podemos xogar a un xogo que me ensinou a miña profe.
Ádela: Vale, pero, de que se trata?
Roi: Tes que ver os coches e encontrar as cinco cores do arco da vella (vermello, amarelo, verde, azul e violeta). Entendíchelo?
Ádela: Máis claro non o podía ter.
Roi: Pois vamos a xogar!
Acto3º
(despois dun rato, Roi xa conseguira facer 7 arcos da vella, pero Ádela non conseguira nin un)
Roi: Guai xa conseguín facer 8 arcos da vella. Ti cantos?
(Ádela contenta)
Ádela: Eu non conseguín nin un.
(Estrañado)
Roi: Pois, non sei como podes estar contenta? Veña que te axudo, Que cores che faltan?
Ádela: fáltanme… (pensativa) o verde.
Ádela: Xa atopei un verde
Roi: Pero se iso…
Ádela: … e atopei outro.
Roi: (berrando)¡ÁDELA!
Ádela: (preocupada) Que pasa?
Roi: Non pasa nada, non fixeches ningún arco da vella senón, viches un de verdade!
Acto4º
Ádela non conseguiu facer ningún arco da vella, pero conseguiu algo mellor, axudar a Roi a encontrar un arco da vella.