Personaxes:
- LILI: Unha nena de 11 anos que vive coa súa irmá nunha illa deserta.
- LEIRE: Irmá maior de Lili, é una gran surfista .
- CAFIX: Un cangrexo que fala.
HISTORIA:
(Un día, na illa que vivía Leire e Lili houbo unha tormenta e as olas eran inmensas, tan grandes que afundiron a illa. Grazas a cafix puideron ir a outra máis grande que aquela)
LILI:(preocupada) QUE FACEMOS AGORA !
LEIRE: Pois… (pensando)
CAFIX: Non vos preocupedes, estamos nunha illa chamada: A ILLA OLA. Se estamos aquí non van a chegar as olas, (pensando) ou era ao revés?
LEIRE: Podemos facer unha barca e ir deica a praia de alí. Non está moi lonxe
LILI: (estresada) Está a máis de 11 metros!
CAFIX: Veña nada de folgazanear temos que marchar de aquí.
(O que eles non sabían era que unha vez que pisaras a Illa Ola non saías de alí,. Lili, cansada de estar sen pais ou sen algunha persoa maior empezou a chorar e fixo que a illa fora desaparecendo pouco a pouco; cando estaba completamente fundida, Leire foi correndo xunto a súa irmá e preguntoulle que pasara, a nena triste empezoulle a contar todo )
LILI: Quero ter pais, esas persoas que te axudan a todo o que necesitas, que te van a dar un bico antes de durmir, que cando hai tormenta cóllente nos brazos e cóntante un conto para que non teñas medo.
LEIRE: (chorando) Que cres, que eu non teño medo, que non choro cando non me ves?
(Xusto nese momento unhas persoas cunhas lanchas colléronas e leváronas as súas casas, as nenas contáronlle todo o ocorrido e unha muller que as coidou como se foran fillas súas)