Obras en Gondomar

                Obras en Gondomar

Nestes días de inverno, en Gondomar, fabrican un muro novo.
Diante do Cole Vello, están facendo un muro de contención para que as inundación non o mollen por dentro e que haia que facer as actividades na clase de arriba que é moito máis pequena. 
Para facelo, tiveron que demoler unha casa vella que non servía para nada.
 O muro tamén vai servir como gradas para o público. 
Con tantas obras xa non se pode acceder a pista por culpa de toda a terra e barro que levantaron os camións.
Esperamos que o rematen antes de que volva a inundarse.