ASTERIX E OBELIX
O día 05/02/2014 os alumnos de 5ºA e 5ºB trouxeron flocos de millo para contemplar a película de Asterix e Obelix. Un alumno trouxo un máquina para facer flocos de millo(como di Gotty). Todos os alumnos pasáronno xenial porque puideron estar xuntos e contemplar esta magnifica película, pero o final a Profesora Elena (A profesor a de Inglés), viu e dixo que aos alumnos de 5ºA tocáballe Inglés.
RESUMO DA PELÍCULA
Cando Asterix decatouse de que os romanos secuestraran a un amigo seu, foi inmediatamente a axudalo. Obelix, decatouse de que o seu amigo Asterix xa non precisaba a forza dunha apócema (O dopaxe, que fíxo o seu amigo o Druída), esta apócema fai que a súa forza se multiplique. Foi a aldea dos romanos, e cando chegou, viu ao seu amigo, sentado nunha padiola.
Cando os romanos decatáronse de que un Galo estaba alí, todos tiñan medo.
Ao final, o bo e valente Asterix conseguiu salvar ao seu amigo o Druída, grazas ao dopaxe que lle ofreceu.
HUGO MARTÍNEZ BARROS 05/02/2014