MATILDA, na semana do cine
A semana do cine no CEIP Chano Piñeiro, trae a película de Matilda
O venres, día 9 de febreiro, os cursos de 4º, 5º e 6º foron a biblioteca a ver a película, Matilda.
Trata dunha nena que foi adoptada, e ten uns pais que nunca se ocupan dela. Ela, tiña o desexo de ir a escola como os outros nenos pero non podía ser. Un día, o seu pai deulle unha oportunidade e por primeira vez, Matilda foi a escola. A directora era moi mala, pero en cambio a súa profesora era moi boa.
Outro día, Matilda deuse conta de que tiña poderes, e grazas a eles e a súa capacidade para pensar conseguiu que a directora marchase do cole e tamén conseguiu unha vida mellor, porque a súa profesora adoptouna.Na nosa opinión, estivo entretida e interesante sobre todo para os rapaces de quinto.