Matilda
Matilda, era unha nena con uns pais moi pouco agradables. Os pais de Matilda, eran moi diferentes a ela; a ela gustáballe ler, a eles ver a tele, ela era lista, eles non…
O seu pai, dedicábase a vender coches rotos, estropeados… E a súa nai a xogar ao bingo.
O colexio, ao que vai, ten unha directora a que non lle gustan nada os nenos.
Matilda entrou asustada na súa clase o primeiro día, pero deuse conta de que a súa profesora era moi amable, boa, simpática…
Un día que Matilda foi a casa da súa profe, deuse conta de que a directora do colexio era a súa tía. Entraron na casa da director, pero nun momento volveu a directora e… Por pouco as pilla!
O seguinte día de escola, a nena cos seus poderes fixo quedar mal a directora e todos os nenos lanzaronlle os seus aperitivos. Un día que estaba na casa da profe, chegaron os seus pais porque marchaban.
Matilda insistiu en quedarse ca profe e así o fixo.