1º O primeiro que debes facer é abrir o teu navegador.
2º Iniciar unha sesión en Drive.
3º Para crear un documento, hai que pulsar en crear (arriba a esquerda) e logo en documento.
4º Para modificar o documento, na barra de arriba. aparécenche distintas cousas, poste enriba e diche para que serve.
5º Para gardalo no ordenador, tes que pulsar en arquivo. Unha vez dentro, dáslle a descargar como… O que teñades no ordenador, pulsades e vos aparecerá o documento en descargas do ordenador.
6º Para compartilo co profesor por Edmodo, debes pulsar en compartir,(arriba a esquerda) logo aparece que o tes privado, entón, pulsas onde aparece privado e pos calquera usuario que reciba o enlace que poda editar. Unha vez alí, copias o enlace e o envías.
7º Para compartilo con un amigo por correo, vas a arquivo e pulsas en enviar por correo electrónico como arquivo adxunto. Unha vez alí, pos o correo do compañeiro, dáslle a enviarlle unha copia é envíasllo.