Carta a dous intrépidos actores /Resposta

RESPOSTA a

Carta a dous intrépidos  actores

Ola,nenos e nenas.

Rosa e mais eu, estamos moi contentos de que vos gustara esta Historia de Gondomar. Gústanos  facer cousas para vos porque, aparte de pasalo moi ben cando as preparamos, despois atopámonos con todas estas cousas boas que nos transmitides.
Seguindo os vosos consellos, acurtamos a entrevista con Lois Vilar que, aínda que é moi interesante, rompía un pouco a dinámica do resto da gravación. De tódalas maneiras, deixamos o esencial da entrevista.
Como vemos que o que máis esperades agora son as tomas falsas, para poder velas, teredes primeiro que contestar a todas estas preguntas:
  1. Por que lle chaman o “castro de Pedra Moura”? Que lenda esconde?
  2. Sabedes algo sobre a Idade de Bronce e como se obtiña este metal?
  3. Canto mide o petróglifo da Auga da Laxe e  a espada que hai gravada na pedra?
  4. Sabedes algo sobre o pirata Drake e o Conde de Gondomar?
  5. Onde está o acueduto do Bravo, que é onde comezamos ese descenso polo río?
  6. Canto tempo pensades que nos levou ese descenso dende o acueduto a ponte románica de Mañufe?
Unha aperta.
Rosa e Luis



Carta a dous intrépidos  actores

Hola, Luis e Rosa:

Quedei sorprendida coa vosa colaboración, e feliz de ver que os rapaces, ademais de disfrutar indo en coche a toda velocidade, apreciaron o poder visualizar o seu entorno dende quilómetros de altura e tamén de toda a información interesante que lles preparastes. Beatriz

Como fixeron comentarios interesantes, recollémolos aquí:
Onte viñeches a Gondomar e fixeches moitos viaxes. Gustaríame que nos enxeñarades como caíches da Canóa.   Hugo M
Gustoume moito a vosa película e quería que fagades outra o próximo ano. Andrea a
Estivo moi bonito todo, gustaríame que sigades facendo cousas así, as obras que facedes son moi bonitas e interesantes. Grazas e sorte! Manuel L
Estou desexando ver o que facedes para o ano que ven! Inés
Moitas grazas por pasarvos tanto tempo facendo ese traballo por nós. Sara 
A min gustoume todo, menos unha cousa, que cando fostes a ver os petróglifos era interesante pero...
Sería mellor que o señor non falara tanto e nos ensinara algo. Luisa P.
Gustoume moito cando iades no coche a toda velocidade e tamén cando estiveches no museo dos fósiles. Hugo V.
O que nos ensinastes estivo xenial, a parte que mais me gustou foi a do coche.
Unha pregunta:
¿Nos podedes ensinar a parte na que caíches da canoa? Jorge f
O voso traballo pareceume moi interesante. O que máis me gustou foi cando fóches a os xeroglíficos da Auga da Laxe. Cando caíchedes da canoa debeu ser moi divertido. Jose D

Encantoume a vosa película. Moitas grazas por facer este pequeno traballo, pero moi grande as súas historias. Aprendemos moito de vos e sobre todo das pedras da prehistoria. Laura

Gustou moito cando puxeches o vídeo, e gustoume moito cando o vídeo chegaba ao coche, porque iba moi rápido.¡Paseino moi ben! Maria R.

Agradezemosvos que viñerades a participar na segunda semana do cine con nos. A parte, gustoume moito todo, e fíxome graza cando dixéstes que caerades do kayak. Noa h.

Queridos Rosa e Luis quería darvos as grazas por todo.
A parte que gustoume mais foi cando fúchedes a ver a ponte romana na canoa !Era moi divertido¡
Estamos esperando moi ansiosos que nos mandedes como vos caíchedes no rio. Claudia c.

Luis e Rosa,  moitas grazas por vir a noso colexio a ensinarnos a película estaba moi chula ,sobre todo, cando fuches en canoa por Mañufe ,tamén estivo interesante os xeroglíficos. Espero que para o próximo ano fagades outra !N atalia m.
Pareceume moi interesante cando fostedes a os petróglifos da Auga da Laxe Adrián M.

Gracias por axudarnos a coñecer cousas
O que mas me gustou foi cando fostes na canoa e os caestes auga , cando fostes ao Pazo do Conde,( por certo esta cerca de mi casa ) , e cando viñestes no coche superrápido
Pido perdón por non estar un pouco mais atento.Mouriño s.
Gustoume moitísimo que estiveras con nos na semana do cine. A min, o que mais me gustou foi a parte que fóchedes a visitar Vincios. E tamén a parte que iades moi rápido no coche. Moitas grazas por todo. Nerea
Parabéns as familias das alumnas de 5º que elaboraron o vídeo de monumentos e puntos de interese de Gondomar.
Sodes un exemplo de altruísmo, cooperación e enerxía ben dirixida.
Fixéstesnos pasar un rato moi divertido ademais de ensinarnos un montón de cousas que descoñeciamos.
Por todo isto e por adicarnos o voso tempo, Rosa e Luis, moitísimas grazas. Gotty-Rodríguez
Bicos, e até o ano que vén!