Ingredientes:
- Caramelo
- 6 ovos
- 1/2 litro de nata
- 2 vasos de azucre
- 6 vasos de fariña
- Aceite
- 1 sobre e medio de requento
- 1 tableta de chocolate
Utensilios:
- Molde
- Papel vexetal ( que o poremos ao fondo do molde)
- Batedora
- Lingua (de cociña)
Proceso:
1- Botamos os vasos de fariña nunha bolsa plástica, e engadimos o lévedo, despois, sacudimos a bolsa para facer unha mestura homoxénea.
2- Introducimos o chocolate cun pouco de nata no microondas ata que se funda.
3- Despois de que se derreta, introducimos no molde os dous vasos de azucre, os seis ovos, un chorro de aceite, a fariña mesturada co lévedo, e por último o chocolate fundido, e ca batedora mesturamos todo.
4- Cando estea ben mesturado, coa axuda da lingua de cociña, engadimos a mestura ao molde co papel vexetal.
5- Metémolo no forno a 180 grados entre tres cuartos de hora e unha hora.