Ingredientes:
- 6 ovos
- 400 g de nata líquida
- Azucre (2 vasos)
- Fariña de trigo de repostería (6 vasos)
- 1 sobre e medio de lévedo
- Aceite
Utensilios de cociña
- Un molde
- Unha ola
- Papel vexetal
- Unha bolsa
Proceso:
Introducir a fariña co lévedo na bolsa, cerrala e movela para que estes dous ingredientes se mesturen.
Despois, meter o chocolate cun líquido nunha pota para que se derreta.
A continuación, introducir todos os ingredientes nunha tarteira: o aceite, a nata, o azucre e os ovos; sacar o chocolate (se está derretido) e mesturalo cos outros ingredientes.
Engadir tamén a fariña e volver a bater.
Por último, verter a mestura nun molde e metelo no forno unha hora a uns 200 grados.