Xornalistas

          O mercado de Gondomar

Todos traen os produtos máis frescos e caseiros para os seus clientes

O actual mercado leva aberto máis de 30 anos. Ten 6 postos de peixe, 4 de carne e 1 de froitas e verduras. Falamos cun carniceiro, unha pescantina ( a máis veterana do mercado) e coa frutera.
Aurora, a máis veterana no mercado. Empezou axudando a súa tía no mercado antigo. Pescantina.


Mercedes, leva 17 anos neste mercado. Frutera
                  
                                                                                                                             
 Manuel, carniceiro. 15 anos no mercado.

-Como foi a campaña de Nadal 2013 na plaza de Gondomar?
Todos, excepto Manuel, o carniceiro, coincidiron en que este ano foi  peor que o 2012.

-Que produto foi o máis vendido?
Mercedes díxonos a coliflor e as uvas. Manuel, o carniceiro, díxonos o cordeiro, cabrito e o pito caseiro.  E Aurora, a pescantina e a máis veterana, díxonos marisco, pescada e rape.

-Houbo subidas de prezo durante as datas do Nadal?
-A carne, o peixe e a coliflor subiron, con todo as uvas, baixaron de prezo.

-Nótase a costa de Xaneiro?
-De momento si, hai poucas vendas, coincidiron todos.

-Cal é o mellor mes do ano?
Para todos, sen dúbida, o mes de Agosto é o mellor, é cando hai máis xente de vacacións, e iso nótase, dinnos.

-Cal é o día da semana que hai máis movemento no mercado?
-O venres e o sábado son os mellores, din o tres.

-Cal é a xornada de traballo?
No mercado traballan de 8 a 2 da tarde, pero todos teñen outras tarefas antes ou despois. Manuel, o carniceiro, cría pitos, porcos, coellos, paspallás..
 Mercedes, a frutera, ten que traballar o horto polas tardes e recoller a colleita e Aurora, a pescantina, vai á lonxa todos os días ao catro da mañá. 
Todos traen aos seus postos os produtos máis frescos e caseiros para os seus clientes.  

-Algunha queixa?
A apertura do supermercado restou vendas.