Entrevista a propietaria dunha tenda de bacalao.

Conchita, leva moitos anos traballando no comercio do bacalao, vendendo dito peixe de sitios como Islandia e Noruega. 
A tenda tena no baixo da súa casa, o cal é moi práctico porque non ten que desprazarse para ir a traballar.
Este é o resultado da entrevista:

- Boas tardes, chámome Manuel e quería facerlle unhas preguntas sobre o seu traballo para elaborar unha noticia para o colexio.
- Boas tardes, chámome Conchita.
- Leva moitos anos adicándose a este traballo?
- Levo 32 anos.
- Como comezou a traballar no comercio do bacalao?
- Miña nai era peixeira, e meu pai era mariñeiro, e tiñan unha tenda de ultramarinos en Gondomar, así comecei a relacionarme con este traballo.
- Sempre tivo a tenda neste sitio?
- Non, comezamos cunha tenda no Calvario, en Vigo, pero dende fai 27 anos estamos aquí, en Vincios.
- Cantos tipos de bacalao vende?
- De Islandia e de Noruega, que son os mellores. Nos antes facíamos todo o proceso ,eramos salazón e secadoiro, pero agora solo somos secadoiro.
- E, cal deles véndese mais?
- Cotízase mais o de Islandia, porque é de mellor calidade e ben mellor traballado, mellor limpo, mellor aberto e salgado.
- Hai bacalao doutros sitios?
- Si. Canto mais fría é a auga do mar, mellor é o bacalao.
Hai de Groenlandia, do Mar de Bares e do Mar do Norte sobre todo; tamén ven algún de Canadá, onde se pesca en barcos de Parella (que van de dous en dous) e tamén de Rusia, pero é de moi mala calidade.
- Que tal foron as ventas do nadal? Porque en Galiza é un prato típico.
- Moi ben, nós vendemos moi ben.
- Notouse moito a chegada da crise?
- Moito. A crise afectou a todo o mundo, é como unha roda.
- Unha última pregunta. Gústalle moito o seu traballo ou gustaríalle adicarse a outra cousa?
- Gústame moito este traballo, nunca pensei en adicarme a outra cousa.
- Moitas grazas pola súa colaboración, é moita sorte!