A GRAN OLA


O Día de Reis fun cos meus pais e co meu avó paterno a ver as olas en Baiona. 

¡Eran espectaculares! Estivemos alí preto dunha hora.
Cando íamos marchar, sucedeu algo terrible. Unha ola duns 5 metros pasou por enriba do paseo. Non nos deu tempo a fuxir e mollounos.
Eu parecía que estaba debaixo dunha billa de auga aberta. A auga entrábame polo pescozo e saíame polos nocellos. 

¡Quedamos mollados a pingar!