Manuel Loureiro Giraldez
R/Carballo, nº 86
36300 Baiona (Pontevedra)
Concello de Gondomar
R/San Bieito, nº 21
36666 Gondomar (Pontevedra)
9 de decembro de 2013
Excmo señor alcalde de Gondomar:
Quixera solicitarlle a aprobación dun servizo máis de limpeza, a base é esta:
Nos parques, zonas verdes e xardíns onde xogaban os nenos, agora xa non se pode xogar, a causa de que a maioría de persoas que teñen cans, ao levalos a pasear as zonas verdes, sempre depositan os seus excrementos na herba, coa consecuencia de que ao xogar alí, as pisemos, e ao final xa non xoguemos por medo a mancharnos.
O que propoño e que haxa espazos onde os cans podan facer as súas necesidades sen ningunha consecuencia, ou espazos onde simplemente non se podan levar cans.
Espero a súa resposta.
Atentamente:
Manuel Loureiro Giráldez